VIDEO#1 Sanidade pública e universal?

Amosámosvos o primeiro audiovisual da serie #LugarDe, no que afondamos no desmantelamento da sanidade pública e da atención primaria. En concreto, nos casos de Outes, A Baña, Baio, Mazaricos e Fisterra. Varias médicas, usuarias e activistas falan sobre a realidade da sanidade no rural, os problemas que se atopan e as poucas intencións que parece haber por parte da administración para devolver un servizo que debería estar garantido. Participan Xosé Dios, da Asociación Galega pola Defensa da Sanidade Pública; Vanessa Viquendi de Pediatras e Matronas Xa; as médicas Alicia Barreiro e Xoán Casas e a activista Mayka Cacheiro.
Mayka Cacheiro: “Asentarse no rural é moi dificil, queda moi bonito nun spot publicitario, pero no momento que faltan todos os servizos pois evidentemente a xente nova pensa se vir”.
O audiovisual céntrase en catro puntos principais de reivindicación: falta de recursos humanos, peches de servizos como o de pediatría, aumento das consultas telefónicas e a falta de transporte público que conecte ás persoas cos seus centros de saúde. Tamén recolle críticas cara a nova Lei de Saúde e a perda dunha sanidade baseada na prevención, ao tempo que se afonda nun modelo hospitalcentrista.
- Profesionais reivindican unha volta a un modelo baseado na saúde.
- Alicia Barreiro, médica no consultorio de Baio.
- A atención telefónica non resolve as necesidades dos pacientes, máis aínda no rural galego.
- En Fisterra levan tempo reivindicando melloras na atención pediátrica.
- Xoán Casas, médico n’A Baña
- Xosé Dios, médico en Outes e voceiro da AGDSP
- Vanessa Viquendi, de Pediatras e Matronas Xa