contacto@xarda.gal

Etiqueta: lugarde

Seixo vive: a loita veciñal pola sanidade pública

As veciñas das parroquias de Seixo, Ardán, Santomé de Piñeiro ou O Campo (Marín) levan anos loitando por mellorar o seu centro de saúde, hoxe ameazado polos recortes estruturais na sanidade pública galega. O 9 de xullo, milleiros de veciñas do concello mobilizáronse pra evitar o peche do centro e esixiron a incorporación de novos…
Read more

Anxo Moure: academia do pallar

Hai non moito tempo, os pallares eran os lugares de cultura, reunión e socialización. Preto de Chantada, Anxo Moure e o seu Cinema Palleiriso intentan recuperar esta forma de cultura, máis “social e revolucionaria”. Unha auténtica academia do pallar.

VÍDEO #5 Agrocuir, o natural

Hai uns anos, un grupo de amigas decidiu montar unha festa para celebrar a súa diversidade. E fóiselles das mans. Hoxe o colectivo traballa nun proxecto comunitario multidisciplinar a prol da diversidade, da cultura e do propio medio. Fomos á Granxa Maruxa, en Cumbraos, para reflexionar con Marta e Adrián, dúas das amigas do Colectivo…
Read more

VÍDEO #4 Unha vida no Couto

 Neste novo audiovisual da serie #LugarDe imos ata a aldea do Couto, na parroquia de San Tirso de Cospindo. Alí falamos con Rosario, Julia e Dolores, tres mulleres que levan toda a vida formando parte do tecido asociativo que se foi xerando na aldea desde os anos oitenta. O Couto é unha aldea diferente,…
Read more

VIDEO#3 Muralismo

Reflexionamos sobre cultura, arte e rural a través do muralismo, unha vella pero anovada disciplina artística cada vez máis presente no país. É diferente pintar nunha aldea a facelo nunha cidade? Que achega o entorno á obra? E ao revés? Cal é o papel das institucións? Fomos ata Tordoia, Ordes, Os Peares e Compostela para…
Read more

Máis que organizarse para calcetar: unha reivindicación das mulleres rurais

Ás mulleres do rural píntannos con certo halo romántico: coma eternas penélopes, que esperan aos homes mentres fan unha calceta ao calor da cociña, ou como unha nai atenta e devota dos coidados da familia, coma Benedicta en O que arde. Se algo teñen en común esas representacións é que ambas nos ancoran á casa…
Read more

As mulleres do rural, o rural das mulleres

Falamos con mulleres de diferentes sectores e idades, que nos contan experiencias, dificultades e loitas que enfrontan no seu día a día. Tan só son as catro da tarde e Sonia López xa mudou as vacas de sitio, cambioulles os comedeiros, botoulles herba seca, atendeu a unha vaca que estaba de parto, volveu á casa,…
Read more

Sandra Varela: “Nós estamos pra educar padais, non pra encher barrigas”

Que unha boa alimentación é esencial para a nosa calidade de vida parece difícil de negar. Porén, cada vez parece máis complicado proporcionar comidas baixas en azucres e graxas, cando o sistema no que vivimos nos obriga a andar sempre con presas e rematamos comendo comidas precociñadas que parecen moi lonxe dos pratos con verduras…
Read more

VIDEO#2 Ensino: A quen lle importa o rural?

O segundo audiovisual de ‘Lugar de’ viaxa ata O Courel, Luaña e Mazaricos. En cada un destes lugares, un exemplo de como a administración pon trabas ao ensino rural e á propia subsistencia destas vilas. No Courel, cun concurso para licitar o transporte escolar que favorece a grandes empresas e impide que os taxistas da…
Read more

As escolas que aínda viven

Ante o crecente despoboamento das áreas rurais de Galiza, os Colexios Rurais Agrupados reinvéntase como espazos de encontro, aprendizaxe e fortalecemento da comunidade. O colexio rural de Xaviña, en Coristanco, aínda cheira a pintura. Jihan Sahb El Khataouat, a titora das sete nenas e nenos que estudan nesta escola, observa no móbil unha fotografía das…
Read more