QUE FACEMOS?

Xornalismo e audiovisual
Creamos formatos audiovisuais e xornalísticos: series audiovisuais sobre temas concretos de actualidade, programas de entrevistas ou o que se che/nos ocorra.

Foto e servizos audiovisuais
Facemos reportaxes gráficas en vídeo ou foto para artigos, entrevistas multicámara, eventos, coberturas informativas…

Obradoiros de audiovisual
Cremos que o xornalismo, o audiovisual e as competencias lingüísticas son chave para o cambio social.

Subtitulación e tradución
Ademais de galego, as xardas falamos castelán, inglés… e xaponés.

Fotografía de producto
Fotos de obxectos, reproducións de pinturas, pratos e ilustración para artigos xornalísticos
ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS
Fóra: Historias de xentrificación
Serie audiovisual para O Salto Galiza sobre os efectos da xentrificación na poboación das vilas e cidades.
Colapso (intencionado) na sanidade pública galega
Artigo sobre a privatización do sistema sanitario público galego.
Arte para artigos xornalísticos
Ilustracións e fotografía de artigos xornalísticos.
Na imaxe, arte para un artigo sobre a igualdade entre homes e mulleres no eido laboral.
Pregúntanos, cóntanos a túa idea ou manda unha mensaxe a
contacto@xarda.gal =)

