Ademais de formatos xornalísticos tamén ofrecemos outro tipo de contidos, como coberturas de eventos ou entrevistas, tanto en vídeo como en foto. Por exemplo, aquí podes ver unha peza que recolle o seguimento da manifestación feminista previa ao 8M do 2019 cunha serie de cinco contidos audiovisuais; ou unha pequena reportaxe sobre as mulleres greleiras, o 8 de marzo de 2020.
Outra das cousas que nos gusta facer son entrevistas nas que nos encargamos de todo: das preguntas, das cámaras e da montaxe, aínda que tamén ofrecemos os servizos por separado. Aquí varios exemplos: