contacto@xarda.gal

Manifesto das Xardas


Quen somos

Somos un grupo de xornalistas que cren nun xeito de informar máis xusto e cercano á sociedade, onde sexan as persoas as que digan que é o que precisan. Cremos na participación da sociedade civil, desde abaixo.

Por que facemos isto

Porque somos conscientes de que o mundo precisa moitos cambios, e os medios de comunicación son unha das ferramentas fundamentais para acadalos.

Por que audiovisual

Porque co audiovisual as persoas teñen a oportunidade de contar as súas historias, opinar, reivindicar e anunciar o que elas precisen, de forma libre e aberta. Tamén porque é unha linguaxe adaptada aos tempos de hoxe, e que non ten porque deixar de lado a profundidade na información. Queremos afondar nos temas dos que tratamos e ao mesmo tempo, difundilos o máximo posible.

Con quen traballamos

Con calquera medio de comunicación que crea nunha comunicación para o cambio social real. E con aquelas persoas, empresas ou cooperativas que busquen un xeito distinto de amosar o seu traballo e darse a coñecer.

Valores

Somos unha cooperativa feminista, antirracista, antifascista, ecoloxista e que cre na cooperación entre as persoas.