contacto@xarda.gal

Manifesto


quen somos 🙃

un grupo de xornalistas que cren nun xeito de informar máis xusto e cercano á sociedade, onde sexan as persoas as que digan que é o que precisan. cremos na participación da sociedade civil, desde abaixo.

por que facemos isto 🔊

somos conscientes de que o mundo precisa moitos cambios, e os medios de comunicación son unha das ferramentas fundamentais para acadalos.

por que audiovisual 🎞 

porque co audiovisual as persoas teñen a oportunidade de contar as súas historias, opinar, reivindicar e anunciar o que elas precisen, de forma libre e aberta. tamén porque é unha linguaxe adaptada aos tempos de hoxe, e que non ten porque deixar de lado a profundidade na información. 1ueremos afondar nos temas dos que tratamos e ao mesmo tempo, difundilos o máximo posible.

con quen traballamos 🙏

con calquera medio de comunicación que crea nunha comunicación para o cambio social real. e con aquelas persoas, empresas ou cooperativas que busquen un xeito distinto de amosar o seu traballo e darse a coñecer. e en galego.

valores ✊ 

somos unha cooperativa feminista, antirracista, antifascista, decrecentista, anticapitalista e que cre na cooperación entre as persoas.