Seixo vive: a loita veciñal pola sanidade pública
As veciñas das parroquias de Seixo, Ardán, Santomé de Piñeiro ou O Campo (Marín) levan anos loitando por mellorar o seu centro de saúde, hoxe ameazado polos recortes estruturais na sanidade pública galega. O 9 de xullo, milleiros de veciñas do concello mobilizáronse pra evitar o peche do centro e esixiron a incorporación de novos profesionais de traballo social, pediatría e fisioterapia. Falamos con Iria Aboi, da plataforma pola defensa do centro de saúde; Manuel Martín, médico en Seixo; Antón Pousada, da Ronsel e Manuel Solla, da asociación de comerciantes.
Hai uns meses afondabamos na problemática da sanidade pública no rural galego tras anos de recortes e privatización.