contacto@xarda.gal

LUGAR DE: un rural con iniciativa

LUGAR DE: un rural con iniciativa

Que o rural carga con moitas dificultades nas súas costas ninguén o dubida, e que cara el hai un cento e máis de prexuízos, tampouco. Con todo, tamén hai outro rural do que por algún motivo se fala moito menos. Un rural atractivo, cheo de persoas que se moven e loitan coa esperanza de conseguir un futuro mellor para quen quere vivir fóra da cidade.

Queremos amosar este outro rural, mais sen fuxir da crítica e amosando os problemas que se atopan aquelas que deciden escoller o campo como forma de vida e subsistencia. Por esta razón, presentamos “Lugar de…”.

Lugar de” é un proxecto multiplataforma co que queremos pór en valor, iniciativas, movementos sociais e experiencias do rural galego. Todo de xeito informal, intentando acadar todo tipo de público, e centrándonos nunha serie de temáticas sempre centradas no rural: Novo muralismo e novas artistas que escollen o rural como o seu lenzo; diversidade, feminismo e perspectiva de xénero —como é ser muller, LGTBI ou non binaria no mundo rural—; iniciativas como cinema Palleriso ou ou Cinema Adriano que buscan recuperar a cultura e o cinema fóra das urbes; educación no rural e abandono das nenas e nenos nestas zonas do país e desmantelamento da sanidade pública, incluso en plena Covid.

Encantaríanos que nos acompañarades mentres falamos, coñecemos, aprendemos e amosamos o que acontece fóra das cidades, que é moito. Porque, malia o que o sistema nos asegura, a vida estará cada vez máis cerca da natureza, e nós queremos contribuír a que esta realidade non desapareza.

Tags:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará