contacto@xarda.gal

+ STREAMING

Streaming

Facemos gravacións e retransmisións de actividades, palestras, presentacións…


Artigos

Ademais de artigos xornalísticos, facemos outros escritos de temática variada, particularmente de viaxes e lugares do mundo. Pregúntanos! Aquí tes exemplos de artigo das xardas por Xapón e por Rumanía para a revista Traveler.

 

Tradución

As xardas podemos facer tradución literaria, especializada e audiovisual. Os pares de idiomas que ofrecemos son:

  • Inglés-galego
  • Inglés-español
  • Xaponés-galego
  • Xaponés-español
  • Galego-español
  • Español-galego

Formación: Obradoiros audiovisuais

En Xarda cremos nunha educación libre, igualitaria e integradora. Por iso, axudándonos do audiovisual, realizamos obradoiros para nenas, nenos, adolescentes e adultos nos que falamos de xénero, racismo, cooperación e igualdade a través do audiovisual.

Tamén facemos obradoiros para aprender a usar cámaras e edición.