VIDEO#3 Muralismo
Reflexionamos sobre cultura, arte e rural a través do muralismo, unha vella pero anovada disciplina artística cada vez máis presente no país. É diferente pintar nunha aldea a facelo nunha cidade? Que achega o entorno á obra? E ao revés? Cal é o papel das institucións?
Fomos ata Tordoia, Ordes, Os Peares e Compostela para falar con Doa Oa, Novenoel e Cestola (Miguel Peralta e Xoana Almar).