contacto@xarda.gal

Zeca 1972 Galiza

Que relación tece o Zeca Afonso con Galiza? Quen é máis aló Grândola? ‘Zeca 1972 Galiza’, unha produción de Nós Televisión realizada por Xarda coa colaboración da Associaçom José Afonso Galiza.

José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, fai parte da nosa historia. Este vínculo con Galiza non só se forxou a través dos seus concertos, ou das fortes amizades que mantivo no noso país, senón que se tratou dunha conexión  popular e nacional entre o Zeca e o pobo galego.

O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou por vez primeira o Grândola no Burgo das Nacións, en Compostela. Ese ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido polo día 10 de marzo a mans da policía franquista como da forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais.