Visitamos As Ellas, San Martiño de Trebello e Valverdi do Fresnu (os Tres Lugaris) e aprendemos sobre a súa cultura, os seus costumes e a súa Fala, unha lingua que só se dá nesta zona e que se di que provén dunha colonización galega acontecida no século XII.
Unha produción de Emisoras Municipais Galegas (Radiofusión), realizado por Xarda S. Coop Galega, no marco do proxecto Onda ODS.