contacto@xarda.gal

Arraianos en Entrimo

Arraianos en Entrimo

“Cando na escola deseñábamos mapas e sacabamos a Portugal da Península Ibérica, a sensación que ficaba é que quedara algo fóra”. Manuela Ribeiro foi nomeada arraiana maior por contribuir a difundir a realidade da raia. Tamén estivemos con Xurxo Souto, que nos guiou na seguinte parada da viaxe.

Realmente, esta foi a nosa primeira parada, o sábado anterior. Ese día, malia que non se pode ver no documental, tamén estivemos gravando na aldea de Aceredo. En 1992 executouse un acordo entre Franco e Salazar que expulsou á xente de Aceredo, Buscalque, O Bao, A Reloeira e Lantemil. Recomendamos que vexades o documental Os días afogados’.