A aldea portuguesa de Sendim ameazada por proxectos eólicos galegos
A localidade de Sendim, no concello portugués de Montealegre, ten previsto un parque eólico a pouco máis de 500 metros dalgunhas vivendas. A Cámara Municial de Montealegre sabíao, pero non informou á poboación local.
*Este artigo foi publicado o 16 de setembro no diario Público.
O vento que sopra nunha aldea raiana do concello de Montealegre espertou a atención de dúas empresas españolas que pretenden instalar na zona de Sendim tres parques eólicos cun total de 19 aeroxeradores, os máis próximos da aldea van estar case a 500 metros,xa do lado galego.
Como non se localizan en territorio portugués – a pesar de que o maior impacto do proxecto afectaría a vila lusa de Sendim – é a Xunta de Galicia a que ten que aprobar as iniciativas eólicas. No rexistro eólico aparecen tres parques en estado de tramitación neste momento para aquela zona: o de San Martiño, Mistral e Tramontana. A xunta afirmou que as empresas responsables destes proxectos son Iberdrola Renovables, 4W Mistral e 4W Tramontana. Non obstante, xa hai un proxecto asinado na localidade raiana de San Martiño dos Peros, segundo asegurou o presidente da comunidade de montes comunicais da aldea, Modesto Cuquejo. O contrato asinado pola empresa Bargas Solar Azul, con sede en Lugo, establece que os veciños e veciñas desta localidade percibirán seis mil euros ao ano en contraposición de permitir a colocación de catro aeroxeradores no monte.
Os 15 aeroxeradores restantes vai a instalalos a empresa madrileña Four Winds Investco, financiada por fondos de capital risco, que creou as sub-empresas Tramontana 4W e Mistral 4W para xestionar os dous proxectos na zona. A empresa, liderada polos socios Erik Martel e Ignacio Martínez, promete unha xeración de 150 MW de enerxia eólica operacional xa en 2022 e di que o seu “modelo de negocio único permite a construción (dos parques eólicos) nun período de tempo reducido con baixos riscos e elevados beneficios”.
Os aeroxeradores previstos nos proxectos de Four Winds teñen un diámtro de turbina de 112 metros e causarán un impacto vistual semellante ao dun edificio de 50 pisos, pero a consecuencia que máis afectará á poboación será o elevado ruído constante.
Nunha entrevista, o vice-presidente da Cámara Municipal de Montealegre, David Teixeira, revelou que si tiña constancia dos proxectos eólicos que van a afectar á aldea de Sendim. Sobre unha eventual intervención do concello para pedir a revisión do proxecto para salvagardar a poboación local, o vide-presidente respondeu que “do lado español non teñen ningunha interferencia” e que, por iso, “o noso querer ou non querer non ten peso”, pero cando se lle dixo que existía a posibilidade de que calquera persoa afectada presentara alegacións na fase de consulta pública, David Teixeira asegurou que estaba estudando co Concello de Baltar “a mellor maneira de conseguir facer algún tipo de presión”, sen comprometerse con nada en concreto.
Sobre unha data para informar á poboación de Sendim, o vice-presidente de Montelegre escusouse cun xenérico “será nos próximos días”, pero dixo que os veciños xa estaban avisados. Sen embargo, na aldea, que dista oito quilómetros da sede do concello, a noticia non aínda non chegara. Entre os habitantes que se atopaban nunha tarde de verán no Café Fronteira – o principal punto de encontro en Sendim- ninguén sabía nada sobre a existencia destes proxectos eólicos e nin sobre a intención do concello de realizar ningún tipo de acción.
A construción e planificación de novos parques eólicos é cada vez máis polémica en Galiza. A poboación quéixase, sobre todo, de verse afectada pola proximidade dos aeroxeradores e, moitas veces, por verse pouco beneficiadas co establecemento destes macro-proxectos preto dos seus fogares. Na gran maioría dos casos, os eólicos non se traducen en reducións na factura eléctrica e crean poucos empregos para a poboación local.
Dende a Plataforma STOP Eólicos – que non se define en contra da enerxía eólica, senon en contra da xestión dos proxectos- denuncian que non se escoita á poboación á hora de tomar as decisións sobre a ubiación dos parques e que, moitas veces, só teñen coñecemento dos proxectos “cando as máquinas xa están no terreo”.
Liña de alta tensión ameaza a serra do Xerés
Para que haxa un parque eólico ten que existir unha forma de retirar a enerxía producida. Ata mediados de setembro estivo en fase de consulta pública a liña de alta tensión que ligará os parques de Tramontana e Mistral coa subestación de Salas, representando a primeira fase que permitirá posteriormente que a instalacións do aeroxeradores avance. A liña eléctrica terá, alega David Pérez, da Plataforma STOP eólicos, “impactos visuais directos sobre a reserva da biosfera Gerês-Xurés e sobre o río Salas” e “deixa en risco” unha zona de reserva natural para lobos onde nidifican “grandes cantidades” de aves, como a águia real.
Por parte dos activistas de STOP Eólicos, critícase o “obscurantismo” da Xunta de Galicia sobre estes proxectos, falando dunha postura “colonialista” na que as empresas que veñen de fóra “con nomes fictícios, inventados ou estraños” negocian directamente coas administracións públicas e onde a poboación da zona “é a que se ten menos en conta” na toma de decisións, quedando sen “ningún ou moi pouco beneficio para os impactos que sofre”.
A Xunta non aceptou a solicitude de entrevista presencial ou telefónica, admitindo só a resposta a través de correo electrónico. Cando se inquiriu pola fase na que se atopan os proxectos, responderon que estaban nunha fase previa á consulta pública, e que aínda habería un prazo de 30 días para que as persoas interesadas – incluíndo ás portuguesas- presenten as súas alegacións ante o proxecto. A Xunta tampouco aceptou a petición para acceder aos documentos explicativos dos tres proxectos eólicos previstos para a zona de Sendim, alegando que non están neste momento en fase de consulta pública.
Unha reportaxe de Ruben Martins, Sofía Caamaño Deus, Elena Martín Lores e Pablo Santiago. “Fin de liña” é un proxecto de Público (Portugal) e Xarda Sociedade Cooperativa Galega