contacto@xarda.gal

VÍDEO #5 Agrocuir, o natural

VÍDEO #5 Agrocuir, o natural

Hai uns anos, un grupo de amigas decidiu montar unha festa para celebrar a súa diversidade. E fóiselles das mans. Hoxe o colectivo traballa nun proxecto comunitario multidisciplinar a prol da diversidade, da cultura e do propio medio. Fomos á Granxa Maruxa, en Cumbraos, para reflexionar con Marta e Adrián, dúas das amigas do Colectivo Agrocuir da Ulloa: son as cidades máis inclusivas que as aldeas? Como é e que supón organizarse colectivamente no rural?

Tags: